A miña filosofía
Estou aquí para o que necesites
![](https://dc7fc017fc.clvaw-cdnwnd.com/073b28c46f95d5d92894419c70760c4d/200000063-aceceade5b/o5q0cq.jpg?ph=dc7fc017fc)
Chámome Miguel e a miña vida profesional sempre estivo ligada aos papeis e os números.
Son asesor fiscal e tras unha longa etapa profesional de máis de 12 anos asesorando a autónomos e pemes por conta allea, decidín voar só.
Este é o meu pequeno proxecto co que quero axudarche, asesorarche e que ambos crezamos xuntos.
O meu método
Na miña traxectoria profesional puiden ver que o habitual no asesoramento a empresas queda nunha simple presentación de impostos ao final de cada trimestre. Deixando ao carón o asesoramento que predican.
O meu método de traballo conseguirá que teñas información constante da situación do teu negocio para que a toma de decisións sexa máis sinxela. Estaremos en continuo contacto e as túas dúbidas serán a miña prioridade.
Gústame saber que os meus clientes confían no meu traballo"
![](https://dc7fc017fc.clvaw-cdnwnd.com/073b28c46f95d5d92894419c70760c4d/200000056-801a18114c/263jy.jpg?ph=dc7fc017fc)