MC
A xestión do teu negocio empeza aquí
Asesoramento e xestión
para autónomos e pemes
A TÚA PRIMEIRA VEZ
Queres montar un negocio e non sabes por onde empezar? Voute asesorar dende o primeiro día en todo o relativo ó alta e trámites con tódolos organismos.
QUE OS NÚMEROS CADREN
Cumprir correctamente coas túas obrigacións con facenda e seguridade social é vital para que o teu negocio prospere. Non deixaremos as contas para o último día.
OPTIMIZACIÓN FISCAL
Para que non pagues de máis fixaremos reunións periódicas e terás unha previsión de impostos en tempo real. Estarás informado e non haberá sorpresas ao final do trimestre.
Por que elixirme?
Fagamos equipo
COMPROMISO DE CALIDADE
O meu compromiso empeza por coñecernos e saber que necesitas. Aconsellarche con honestidade para que logres espremer todos os recursos ao teu alcance.
TRATO PERSONALIZADO
Desterremos os tecnicismos. Para min o importante é o teu negocio e quero que nos comuniquemos directamente. Sen intermediarios e de forma clara e sinxela.
INVISTE EN TI
O teu negocio é o primeiro e por iso o meu labor é abordar toda a túa contabilidade desde o primeiro minuto para que invistas todo o teu tempo no que se che dá ben.
Ampla experiencia en asesoría de empresas
Esquece todo o papeloiro, levámolo por ti
¿Queres estar ao tanto de todalas axudas e subvencións? ¡Suscríbete ao meu boletín!